AS XVIII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO ENTRE  VILAFRANCA E CACABELOS
 
A presente edición das Xornadas Martín Sarmiento percorrerán dous espazos tradicionais nesta celebración do galego do Bierzo, cun fío condutor ligado á natureza dos nosos montes tan maltratada no pasado vrao a causa do lume. Vilafranca o sábado 7 de marzo acollerá unha reunión da Comisión de Toponimia do Bierzo, para logo realizar a presentación dun libro sobre a figura de Sarmiento como naturalista,.  Logo será Cacabelos o propio 9 de marzo, día do natalicio de Sarmiento, onde se celebrará o Dia do Galego do Bierzo cos centros de Secundaria e Primaria que imparten o Programa de Promoción desta lingua na comarca  e ademais se colocará unha placa na figal da Casa de Rosalía de Castro (árbore que se plantara o ano pasado) como sinal de irmanamento co berciano e coetáneo Antonio Fernández Morales, poeta do galego do Bierzo que tamén se homenaxea anualmente no transcurso destas Xornadas coa convocatoria do Premio Morales.  
ler máis

Leave a Reply