XV - Xornadas Martín Sarmiento

III Premio Morales

9 marzo

Este 9 de marzo na décimo quinta edición das Xornadas Martín Sarmiento desprazámonos a Cacabelos para celebrar o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo. O motivo fundamental é promocionar o PREMIO MORALES cuxo lema “Chegaron os romanos” aparece ligado a esta vila berciana onde viviu e está soterrado o cantor en galego do Bierzo, Antonio Fernández Morales. Recuperamos os intercambios didácticos e lúdicos das Xornadas para alumnos/as do Programa de Galego que vidos de distintos puntos do Bierzo presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 21 anos aplicándose e reclama un novo pulo.

Participa

Programa

1.a SESIÓN MATINAL : MUSEO MARCA de Cacabelos
9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA: ENCONTRO CO FILANDÓN BERCIANO: O colectivo cultural
exporá o seu modus operandi e o valor da lingua en especial, nas actividades que leva realizando co patrimonio
inmaterial do Bierzo. Asistirán os alumnos/as do Programa de Galego de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.
11,00 h.: Dirixiranse cara ao Cine Faba para participar no acto de entrega dos Premios Morales.
2.a SESIÓN MATINAL : CINE FABA
11,30 APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA III EDICIÓN DO PREMIO ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES

Intervirán as entidades e autoridades organizadoras desta III Edición que ademais de facer entrega dos premios
presentarán a WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG e anunciarán a convocatoria da IV edición dos Premios Morales.
A CONVOCATORIA DA IVa EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA, impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa
colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.

12,00: ACTUACIÓN PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA: Actuación musical de Pakolas subvencionada pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Asisten alumnos/as
dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez

SESIÓN DE TARDE 9 de marzo

16,30 h. CACABELOS
(Salón de actos do MARCA)
MESA DE TRABALLO
1o CONVOCATORIA DA IVa EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA. Impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa
colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.
2o AS ARELAS DE SARMIENTO. Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega,
administraciois e asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e
concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre outros a elaboración do borrador dun convenio de
colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello Comarcal e outras entidades culturais do Bierzo.

Leave a Reply