Autor
ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES:
Naceu en Astorga o 17 de setembro de 1817. Pasou a infancia en Cacabelos, onde aprendeu a lingua galega local. Posteriormente estudaría en Astorga e Valladolid. En 1968, xa como tenente coronel, participou no levantamento que derrocou a Isabel II. En 1970 foi nomeado
gobernador militar de Toledo, cargo no que estivo escasos días.
Posteriormente foi elixido deputado polo distrito de Vilafranca do Bierzo, representando o Partido Radical.
Faleceu en Cacabelos en 1896do.
ENSAYOS POÉTICOS EN DIALECTO BERCIANO:
E un poemario publicado en 1861, escrito maioritariamente en galego, e en dialecto berciano.
É o segundo libro publicado no Rexurdimento galego, despois de A gaita gallega, de Xoán
Manuel Pintos.
Son 8.000 versos, de carácter costumista, espallados en 16 poemas, todos en galego excepto o
titulado “Cuento satírico”.